> Markdown version of [/jobs/ext/3944065-modernizacion-administrativa-dixitalizacion-interna-e-soporte-administrativo](https://www.wearedevelopers.com/jobs/ext/3944065-modernizacion-administrativa-dixitalizacion-interna-e-soporte-administrativo). Every page supports `.md` or `Accept: text/markdown`. Links point to the HTML versions so they work for humans too. Agent guide: [/agents.md](https://www.wearedevelopers.com/agents.md). --- # Modernización administrativa, dixitalización interna e soporte administrativo - **Company:** Precisamos - **Location:** Santiago de Compostela, Spain - **Salary:** €18,001.0 - €24,000.0 - **Contract:** Permanent contract - **Skills:** Microsoft Excel, Databases - **Published:** October 27, 2026 - **Apply:** https://www.hacesfalta.org/oportunidades/remuneradas/detalle/modernizacion-administrativa-dixitalizacion-interna-e-soporte-administrativo/279004 ## About the Role Ciclo Formativo de Grao Superior da rama de Administración ou Grao Universitario vinculado (ADE, Economía, Xestión de Proxectos Sociais). Experiencia: Entre 1 e 3 anos en postos similares de xestión económicaadministrativa, preferiblemente no Terceiro Sector (ONGs ou asociacións). Idiomas: Dominio das linguas cooficiais (galego e castelán). Competencias tecnolóxicas: Dominio de follas de cálculo (Excel). Capacidade para a implantación, administración e mantemento de sistemas de xestión documental, bases de datos e ferramentas da entidade. Autonomía avanzada no manexo de plataformas dixitais de tramitación oficial e na xestión de contornos informáticos. Elevada capacidade de organización e rigor metódico, perfil proactivo con autonomía na resolución de incidencias e excelentes habilidades comunicativas para a xestión da recepción institucional e a atención ao público. Alta sensibilidade, compromiso social e compromiso cos valores da entidade., Formación no eido da transculturalidade, xénero, migracións e/ou dereitos humanos. Coñecemento doutras linguas: inglés, árabe, francés, etc., Analizar y resolver problemas, Iniciativa y autonomía, Organización y planificación, Fiabilidad técnica y personal, Comunicación interpersonal, Trabajo en equipo, Formación Profesional Grado Superior Experiencia mínima: Al menos 2 años ## Description Na Asociación Arraianas precisamos incorporar ao noso equipo de traballo un ou unha profesional na área de administración., Xestión integral de subvencións: Apoio nas distintas fases (solicitude, seguimento económico, execución e xustificación técnica e financeira) de axudas públicas (Xunta de Galicia, entidades locais, etc.) e privadas. -Xestión económica e administrativa: Contabilidade diaria da asociación, control de orzamentos, tesouraría, facturación e xestións laborais básicas en coordinación coa xestoría externa. -Dixitalización e optimización interna: Axilizar os procesos da entidade mediante a implantación e mantemento de ferramentas na nube, bases de datos e novos sistemas de xestión documental da propia asociación. -Atención ao público e recepción institucional: Xestión da centralita telefónica e acollida presencial das visitas na sede. Responsable de recoller recados, canalizar as demandas de información e derivar axeitadamente as chamadas ou usuarios cara aos profesionais de referencia correspondentes. -Apoio na comunicación social: Colaborar na xestión documental ou soportes dixitais vinculados á comunicación para o cambio social da entidade.